Inscrición no curso titorizado do CODIX

Luns, 7 Xuño 2021
Inscrición no curso titorizado do CODIX

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu o xoves 03 de xuño o prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, conta con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a finais do mes de novembro.

Para preinscribirse neste curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como persoas usuarias da rede CeMIT.

O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.

Inscrición

O prazo de inscrición, que se realiza por internet a través da web da rede CeMIT, é dende o xoves día 3 ata o mércores día 09 de xuño, inclusive.

Pode inscribirse directamente na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/36264, ou a través da web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), baixo o apartado “Actividades Destacadas”.

Plan Formativo Ofimático de Galicia

Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal