Innovación e Industria e a Universidade da Coruña firman un convenio a prol do Software Libre

Innovación e Industria e a Universidade da Coruña firman un convenio a prol do Software Libre
Consellaría de Innovación e Industria
O conselleiro de Innovación e Industria e o reitor da UDC asinaron onte un convenio para a realización de actuacións conxuntas no eido do Software Libre e tamén un protocolo de colaboración para por en marcha un viveiro de empresas no Parque Tecnolóxico do campus coruñés…
udc

A Consellaría de Innovación e Industria e a Universidade da Coruña formalizaron un acordo para a colaboración e realización de actuacións no ámbito do Software Libre, paso importante no desenvolvemento en Galiza deste tipo de software de código aberto.

Así, Fernando Blanco e José María Barja asinaron o convenio de colaboración que establece o marco de actuación para a realización e mantemento dunha plataforma axeitada para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de Software Libre, así como dinamización, investigación e soporte técnico destes proxectos.

En dúas anualidades, Innovación e Industria achegará 180.000 euros ao abeiro deste acordo para a execución de diversas actuacións para impulsar o emprego de Software Libre no noso país.

Así, instalarase e manterase unha “forxa” ou espazo web de desenvolvemento de software, integrada no portal www.mancomun.org, que inclúa un sistema de control de versións e revisións, listas de correo para os usuarios e desenvolvedores, publicación de novas globais para cada proxecto, foros de discusión, etc…

Tamén coincidindo con este acordo de colaboración, o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, e o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, asinaron un protocolo de colaboración para a promoción dun viveiro de empresas TIC.

 

Máis información na nota de prensa da Consellaría: Nota de prensa

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal