Publicada Inkscape 1.1, última versión deste editor de gráficos vectoriais, un dos programas de software libre máis coñecido e usado. Chega con poucas pero importantes novidades.

Novidades: agora podemos elixir o aspecto estético e outras características do documento ao inicio da aplicación. É posible copiar, cortar e pegar partes dos trazados coa ferramenta de Nodo.

Novo modo de superposición de contorno que mostra os contornos dos obxectos á vez que mostra as súas cores reais. Posibilidade de exportar directamente a JPG, TIFF, WebP e de forma optimizada a PNG. Cando se pega un obxecto copiado, agora pégase sobre o obxecto seleccionado, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This