A aula de informática do Milladoiro comeza en xaneiro un curso sobre o uso básico do procesador de textos de LibreOffice, Writer.

O curso será unha introdución ao uso de Writer, indicado para os que non están acostumados a usalo no seu día a día ou para os que desexen repasar conceptos básicos.

Writer ten todas as características que necesitas dunha ferramenta moderna, con todas as funcións de procesamento de textos e auto edición. É bastante simple para unha nota rápida, e tamén potente como para crear libros completos con contidos, esquemas, índices e máis.

O curso terá lugar do 27 ao 30 de xaneiro en horario de mañá ou de tarde, e está destinado a persoas maiores de 18 anos que se encontren interesados en aprender a manexar o Writer de maneira básica.

Sobre LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.
O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Inscrición

As inscricións, dispoñibles ata cubrir as prazas, pódense realizar en horario de aula aberta de luns a xoves de 16.00 a 20.00 horas e os venres de 9.30 a 13.30 horas.

En caso de non podelo facer de maneira presencial, pódese enviar un correo electrónico a informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando cuberta e asinada a seguinte solicitude:
Solicitude inscrición Aula de informática do Milladoiro

Máis información na web do Concello de Ames

Pin It on Pinterest

Share This