Iniciación a Writer na aula CEMIT de Ponteareas

Luns, 8 Marzo 2021
Iniciación a Writer na aula CEMIT de Ponteareas

Entre o 16 e o 26 de marzo, en horario de 10.00 a 12.00, terá lugar o curso de “Iniciación a Writer” na aula CeMIT de Ponteareas.

O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención da aula todos os días de 9 a 11 horas, e os mércores de 21:30 a 22:30hrs.

Writer

Writer ten todas as características que necesitas dunha ferramenta moderna, con todas as funcións de procesamento de textos e auto edición. É bastante simple para unha nota rápida, e tamén potente como para crear libros completos con contidos, esquemas, índices e máis.

LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Inscrición

A inscrición pode realizarse na seguinte ligazón https://cemit.xunta.gal/gl/centro/59

Para obter máis información, as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962 ou do correo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal