O luns 15, martes 16 e mércores 17 de abril terá lugar en Ponteareas un obradoiro introdutorio á robótica.

O obradoiro está dirixido á mocidade (entre 12 e 17 anos), onde cada un dos asistentes terán a ocasión de aprender os fundamentos básicos da robótica dun xeito práctico fabricando o seu propio robot do tipo mClon. Esta actividade é de balde e desenvolverase de 10:00 a 13:00.

mClon

mClon é un proxecto nacido en Galicia de hardware e software libre que inclúe os deseños do hardware para poder construír un robot educativo de baixo custo imitando ao mBot de MakerBlock tendo como obxectivo facer posible que para todo o mundo poida aprender robótica do mesmo xeito ca tendo un mBot.

O mClon compórtase e prográmase de igual xeito ca o mBot, tanto co IDE de Arduino como co software mBlock baseado en Scratch. Deste xeito poden empregarse para resolver os mesmos problemas e retos.

mClon Ponteareas Cartel

O evento está organizado polo Concello de Ponteareas, enmarcado dentro da iniciativa Mocidade Viva. Para participar é necesario inscribirse ou ben utilizando este formulario ou no número de teléfono 656 57 11 40.

 

Pin It on Pinterest

Share This