Iniciación a GIMP – Retoque de Imaxe, na aula CeMIT de Ribeira

Martes, 7 Xuño 2022
Iniciación a GIMP – Retoque de Imaxe, na aula CeMIT de Ribeira

Do 13 ao 23 de xuño, na Aula CeMIT de Ribeira, terá lugar o obradoiro de “Iniciación a GIMP – Retoque de Imaxe” en horario de 9.30 a 11.00 horas.

logo

Gimp

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros. GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Inscrición

As inscricións pódense formalizar na propia Aula CeMIT de Ribeira (situada na rúa 1 Cubeliño), a través do teléfono 981 876 043 ou ben por medio do enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal. Tamén pode facerse vía web na páxina da aula.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal