Infojobs migra a súa plataforma a software libre

Venres, 31 Xullo 2009

InfojobsO portal de emprego apóiase agora en Red Hat Enterprise Linux e en JBoss Enterprise Application Platform para despregar a súa arquitectura crítica

Red Hat anunciou recentemente que InfoJobs.net, web líder de emprego en España e Europa, migrou a súa plataforma crítica de negocio web a software libre, pasando a empregar Red Hat Enterprise Linux (RHEL) e JBoss Enterprise Application Platform nos servidores de aplicativos, no subsistema de indexación e máis nos servidores de bases de datos.

Desde a súa creación fai dez anos, InfoJobs.net tivo un crecemento imparábel. Actualmente, o seu portal conta con máis de 100.000 postos de traballo vacantes e máis de 5.500 persoas rexistran diariamente o seu currículo. Por esa razón e ante a necesidade de garantir a calidade e a eficacia do portal ante o elevado tráfico que xeran os seus usuarios, a compañía decidiu migrar a software libre.
A migración foi realizada en colaboración coa empresa Essi Projects, socia de Red Hat. Esta deseñou e implementou un contorno de aprovisionamento automatizado para as diferentes áreas de desenvolvemento, produción, preprodución, verificación de calidade e probas. Ademais, levaron a cabo a análise de cada un dos sistemas de InfoJobs.net e crearon perfís personalizados para a instalación e configuración, automatizadas e desatendidas. Unha de melloras máis notábeis do proxecto foi a redución drástica do tempo necesario para deixar un servidor listo para a súa explotación, traballo que agora se realiza nuns poucos minutos.

“O desafío de operar un sitio web con contido completamente dinámico é enorme. A través da tecnoloxía aberta podemos ofrecerlles aos nosos usuarios unha navegación suave e cun tempo de resposta constante”, afirma Gabriel Prat, responsable técnico de InfoJobs.net.

Ao traballar con software libre, InfoJobs.net dispón agora dunha plataforma escalábel e consegue unha integración perfecta entre os servidores de aplicativos e o nivel de infraestrutura. Ademais, as tarefas de despregue e mantemento de novos nodos simplificouse enormemente ao engadir un envoltorio hardware estándar baseado en servidores blade -o departamento de operacións pode escalar a infraestrutura dos servidores de aplicativos á máxima velocidade.

“Dispoñemos dun nutrido grupo de técnicos e desenvolvedores que se senten cómodos traballando con RedHat e a comunidade de software libre”, conclúe Prat. “Co modelo de desenvolvemento do código aberto seremos capaces de resolver rapidamente calquera problema ao que nos teñamos que enfrontar”.

Fonte: Red Hat

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal