Publicadas as imaxes gañadoras do Wiki Loves Folk 2019 (concurso de fotografía para amantes da cultura popular). O seu obxectivo é dar visibilidade e poñer en valor as festas e celebracións de interese turístico que conforman a cultura popular, mellorando os contidos visuais sobre festas e folclore en Wikimedia Commons, o repositorio de imaxes e vídeos libre.

Un total de 40 participantes liberaron máis de 700 fotografías que agora poden ser difundidas, modificadas e reutilizadas en distintos soportes e plataformas.

Podedes ver as imaxes gañadoras e finalistas do concurso nesta web.
Autoría da portada: Imagen de Ivtome [CC BY-SA 4.0], via Wikimedia Commons

Pin It on Pinterest

Share This