III Xornadas de acercamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo

Xoves, 6 Outubro 2016

Logotipo LIGNUX

A Asociación Educativa LiGNUx anuncia as “III Xornadas de acercamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo”.

As xornadas están organizadas coa colaboración da Asociación Pedagóxica e Cultural Educere, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) e coa axuda da Universidade de Vigo (Vicerrectoria do Campus de Ourense, Escola Superior de Enxeñería Informática e a Facultade de Ciencias da Educación), ademais da Xunta e a AMTEGA.

Organización das xornadas

DATAS: 18 e 19 de OUTUBRO de 2016; 18:30 – 21 horas

LUGAR: Aula 2.1 Edificio de Politécnico (Universidade de Vigo, Campus de Ourense)

PROGRAMA:

  • 18 DE OUTUBRO. Conferencia “FERRAMENTAS DE SOFTWARE E HARDWARE LIBRE PARA A FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS”.

  • 19 DE OUTUBRO. Charla introdutoria e Obradoiro de instalación e manexo de sistemas operativos e programas libres.

Todos os interesados nas xornadas poden inscribirse gratuitamente usando o formulario de inscrición posto a disposición pola Asociación Educativa LiGNUX na súa propia páxina web.

A asociación GPUL colabora nesta actividade como parte das actividades que desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) incluído no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal