Mancomún

III Hackaton de Domótica e IoT libre da Industriosa

Luns, 5 Setembro 2022
III Hackaton de Domótica e IoT libre da Industriosa

O 10 de setembro, de 10.30 a 19.00 horas na Industriosa, terá lugar a terceira edición do Hackatón de Domótica e IoT libre , onde remataremos de poñer a punto o noso Home Assistant mentres seguimos aprendendo como integrar todo tipo de sensores e dispositivos.

Seguimos tendo os materiais de edicións anteriores: Módulos GSM, Zigbee, dispositivos de IKEA, Sonoffs, sensores de todo tipo… polo que é un momento xenial para crear todo tipo de automatizacións que nos faciliten a vida.

cartel

Tamén podes traer o teu propio material para que despois poidas reutilizalo en casa. Todo isto, como sempre, con software libre; sen perder o control dos nosos dispositivos, e o máis importante, dos nosos datos.

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica

cartel
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal