II Hackaton de Domótica e IoT libre na Industriosa

Luns, 27 Xuño 2022
II Hackaton de Domótica e IoT libre na Industriosa

O verán está ao virar a esquina, e con iso as vacacións. Que mellor maneira de descansar que tendo unha casa que pensa e traballa por ti?

Nova edición do “Hackatón de Domótica e IoT” nas instalacións da Industriosa, o 2 de xullo, en horario de 10.30 a 19.00. Neste obradoiro poñeremos a punto o noso Home Assistant mentres seguimos aprendendo como integrar todo tipo de sensores e dispositivos.

Como novidade respecto a a anterior edición incluiremos novos dispositivos como módulos GSM, coordinadores ZigBee e dispositivos intelixentes de IKEA. Todo isto sen perder o control dos nosos dispositivos, e o máis importante, dos nosos datos.

Evento patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal