O 22 de setembro, en horario de 16:00h a 17:15h, terá lugar a presentación por streaming do “II Faladoiro de Mancomún” no Centro GaiásTech.

Os “Faladoiros de Mancomún” son charlas en formato videopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Dirixido a calquera persoa interesada no mundo da tecnoloxía e especialmente relacionado co software libre e a cultura libre.

Programa

– Presentación
– Streaming do II Faladoiro

Neste segundo faladoiro contamos coa participación de:
– Bárbara Román (@Barbarajefaza, antes @CalamityBarbara), como presentadora.
– Mapache (@Mapachinho), Xefa de Deseño de Nivel e Xefa de Iluminación en Gato Salvaje Studio.

Inscrición

Podedes facer a inscrición nesta ligazón.

Imparte

Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega

A Oficina de Coordinación de Software Libre constitúese coma punto de referencia para todos os axentes involucrados no desenvolvemento deste tipo de software en Galicia, fomentando o avance homoxéneo das distintas actuacións neste eido levadas a cabo dende distintos ámbitos. Do mesmo xeito, o portal Mancomún aglutina na rede todas as iniciativas de software libre que se están a desenvolver en Galicia, servindo de canle de comunicación pública e proporcionando un conxunto integrado de servizos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This