Igalia Igalia, empresa galega de Software Libre, ofrece por noveno ano consecutivo a posibilidade de que alumnado da Enxeñería Informática ou Enxeñerías Técnicas en Informática, con máis do 50% dos créditos superados, poida realizar prácticas nesta empresa durante o verán de 2010 tanto nas súas instalacións de A Coruña como nas de Pontevedra.

As condicións das prácticas ofertadas son:

  • Un total de 350 horas cunha planificación flexible de 5 a 8 horas diarias durante os meses de xullo, agosto e setembro.
  • 325 horas traballando nun proxecto de Software Libre e 25 horas para redactar a memoria.
  • Axuda económica de 1.500 €.

As razóns que motivan a Igalia a continuar con esta oferta un ano máis son:

  • A maioría dos traballadores de Igalia fixeron prácticas en empresa cando eran estudantes.
  • É unha boa forma de devolverlle algo á Universidade da que proceden.
  • Tamén é unha boa maneira de contratar xente. Casi o 50% das persoas que fixeron prácticas en Igalia no pasado forman parte da empresa na actualidade.

Todos aqueles que estean interesados en optar ás prácticas, só deben cubrir o formulario dispoñible na web de Igalia a tal efecto, durante o período de recepción de solicitudes que se extende dende o 14 de maio ata o 28 de maio.

Fonte: Igalia

Pin It on Pinterest

Share This