Cartel da xornadaEste venres 23 de outubro a partir das 9:00 da mañá terá lugar no IES de Melide, a I Xornada de Radio Libre, organizada pola asociación Melisa.

A xornada contará con obradoiros e charlas sobre o mundo da radio: como gravar e montar un programa, linguaxe radiofónica, guións, posprodución con Audacity, produción musical con ferramentas libres e licenzas para publicar contidos libres. A xornada estará organizada en sesións de tarde e mañá, e consta dun programa con diferentes actividades para diferentes públicos (tanto xuvenil, como para adultos). A entrada é de carácter gratuíto e de libre acceso ao público en xeral.
As persoas interesadas en participar poden enviar unha mensaxe ao seguinte enderezo de correo: jorgelamavarela at gmail.com

Programa

  • 9:00 a 9:45 – "Licenzas libres para publicar contidos", impartido por Rafael R. Gaioso. (Obradoiro en paralelo cos de iniciación radiofónica)
  • 9:00 a 11:00 – Obradoiros de iniciación radiofónica, impartidos por Laboratorio de Radio (www.laboratorioderadio.com).
    • O encontro co micrófono: a voz (vocalización, respiración, entoación).
    • Linguaxe radiofónica: música, efectos, silencio.
  • 11:00 a 11:35 Pausa/Café
  • 11:40 a 14:10 – Continuación dos obradoiros de iniciación radiofónica, impartidos por Laboratorio de Radio.
    • Elaboración dun guión radiofónico.
    • Montaxe da cadea de audio. Gravación de contidos.
    • Posprodución con Audacity.
  • Sesión de tarde
  • 17:00 a 18:00 – "Primeiros pasos con Ubuntu Studio e AV Linux", obradoiro de introdución para non estar perdido na seguinte parte de produción musical. Impartido por Jorge Lama. Recoméndase levar portátil para este obradoiro pero non é imprescindible.
  • 18:00 a 20:00 – "Facendo música con software libre", obradoiro de produción musical impartido por Miguel Ángel Muíños. No seguinte vídeo pódese ver un pequeno adianto para ter unha idea de que vai este obradoiro: https://youtu.be/0C_a4BEy-lo

Esta actividade forma parte das actuaciósn que a asociación MeLiSA realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This