i-Pyme: Software libre para a creación de tendas virtuais

O obxectivo de i-Pyme é permitir ós empresarios crear, xestionar e controlar a súa propia tenda virtual. Permite realizar todas as tarefas necesarias para incorporar unha empresa a Internet sen necesidade de ter grandes coñecementos de informática.

O programa i-Pyme permite realizar as seguintes tarefas:

1. Introducir os datos principais da empresa.

2. Definir un catálogo de produtos organizado por categorías.

3. Crear unha sección de ofertas especiais.

4. Definir unha política de prezos, é dicir, modificar os prezos dos produtos de varias formas diferentes (novo prezo, incremento en euros, incremento en porcentaxes).

5. Recibir os pedidos que se realizan a través de Internet.

6. Recibir noticias relevantes.

Unha vez que o empresario definiu os datos da empresa e de todos os seus produtos, o programa i-Pyme é capaz de xerar automaticamente todo o conxunto de páxinas web e publicalas en Internet.

Web do programa  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal