O 14 de febreiro celébrase o día dos namorados, pero tamén celébrase o «I love Free Software Day 2020», iniciativa da Free Software Foundation que pretende mostrar o amor polo Software Libre e agradecer a todo o mundo que contribúe dalgunha forma á súa evolución.

Desde a Free Software Foundation animan a que sexa:
«un día cheo de mensaxes positivas, creativas e encantadoras para toda a Comunidade.”

Estas son algunhas das propostas que a FSF publicou na web do evento:
Aproveitar este marabilloso día para agradecer á xente que che permite gozar da liberdade do software.
Facer uso das pegatinas, globos, e material gráfico que a FSF proporciona para este día.
Compartir o teu aprecio nos medios sociais (co hashtag #ilovefs), nas entradas dos blogues, nas fotos, nas mensaxes de vídeo, ou directamente aos desenvolvedores e colaboradores de Software Libre.
Podes organizar unha reunión.
Podes contribuir cun proxecto de Software Libre con código, unha tradución, ou axudando aos seus usuarios.
Ou tamén podes facer unha doazón a unha organización ou proxecto de Software Libre.

Pola nosa parte, faremos difusión deste evento nesta nova e no noso podcast.

Pin It on Pinterest

Share This