Hoxe ábrese a inscrición á “I Xornada de Cociña Libre”

Martes, 19 Novembro 2019

O próximo sábado 30 de novembro, en horario de 09.00 a 18.00, a Asociación Comunidade O Zulo celebra a “I Xornada de Cociña Libre” no Local Sociocultural Casas Baratas do Concello de Mugardos.

Xornada tecnogastronómica

Entre os obxectivos desta actividade están:
– Fomentar a gastronomía local e produto de proximidade.
– Achegar as novas tecnoloxías, software e cultura libre á cociña.
– Ampliar o abano de actividades realizadas pola asociación.

Horario

09:00 – 09:30 – Recepción e benvida.
09:30 – 10:15 – Organización dos grupos de traballo
10:15 – 11:45 – Saída cara o Mercado de San Telmo
11:45 – 12:15 – Pausa café
12:30 – 15:00 – Documentación, dixitalización e publicación de receitas e entrevistas.
15:00 – 17:00 – Xantar
17:30 – 18:00 – Clausura do evento.
Gastronomía local e produto de proximidade

Mercado de San Telmo – Mugardos – Imaxe: José Pardo – La Voz de Galicia

Na primeira parte da xornada, os asistentes visitarán o mercado para mercar a materia prima das receitas e coñecer de primeira man as vantaxes do produto de proximidade.

Un dos obxectivos é fomentar o uso das novas tecnoloxías para a promoción do comercio local é difundir os contidos en libre con licenzas abertas.

Para lograr isto, utilizarase:
– Un sistema wiki como software colaborativo para crear contido web dun xeito rápido e sinxelo.
– Uso de licenzas abertas para a publicación dos contidos: textos, imaxes, son e vídeos.

Grupos de traballo
Ás persoas inscritas no evento asignaráselles un dos seguintes grupos:
– Documentación
– Dixitalización
– Multimedia

O resultado final será a publicación de todo o proceso en https://wiki.comunidadeozulo.org.

Recomendacións para asistir a este evento

Podo ir só a xantar?
Non. Precisamos da colaboración activa dos asistentes para sexa un éxito.

Entón, vou poder cociñar nesta xornada?
Non. A elaboración dos pratos está delegada en cociñeiros e cociñeiras profesionais que cociñarán no horario estipulado.

Podo levar convidados?
Non. As inscricións son individuais e para maiores de 18 anos.

Padezo intolerancias e/ou alerxias alimentarias podo acudir ó evento?
Por suposto. As receitas contemplan intolerancias a glute e lácteos. Se padeces calquera outra intolerancia ou alerxia contacta coa organización: buscaremos unha opción para que poidas acudir á xornada.

Teño que levar o meu portátil?
Non é imprescindible, pero axudaría a axilizar o proceso de documentación e dixitalización.

Podo levar a miña cámara de fotos?
Si, sen problema. Temos un par (2) cámaras reflex para usar na xornada.

Inscrición

A asistencia á xornada é de balde, pero é necesaria a inscrición previa.

A organización recórdanos que este é un evento colaborativo (non unha simple comida), no que é tan importante o xantar como os traballos de dixitalización e publicación das receitas na rede.

Antes de apuntarte, ten en conta que esta xornada non é un “xantar popular”, é un evento tecnogastronómico.

A inscrición abrirase hoxe, a partir das 22.00 horas. A Comunidade O Zulo publicará unha ligazón para anotarse, na web da xornada.

Organiza

Asociación Comunidade O Zulo, actividade dentro do convenio asinado co Concello de Mugardos para o ano 2019.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal