Naceu unha nova linguaxe de programación que ten como enfoque o ensino gradual da programación, especialmente dirixida a nenos.

A linguaxe chámase Hedy e está deseñada por Felienne, unha profesora da universidade de Leiden nos Países Baixos, especialista no ensino da programación e tamén colaboradora con varios programas nos que se ensina a programar a nenos e mozos nos institutos.

Ademais da linguaxe de programación pódese seguir un método de aprendizaxe, tamén de xeito gradual como Hedy. Unha das explicacións que a autora da sobre porque se trata dunha linguaxe de programación gradual é que aprender a programar pode resultar unha tarefa difícil e complexa, necesitando memorizar moitas regras, palabras, etc ao igual que cando se comeza a aprender a falar ou cando de aprende unha nova lingua. Polo tanto, ao igual que a falar se aprende falando, pódese comezar a programar programando, pouco a pouco, de forma gradual primeiro coñecendo só unhas poucas palabras ou regras e logo gradualmente aprendendo cada vez máis regras e palabras en cada nivel.
Estes son uns do fundamentos cos que nace este novo método para aprender a programar usando a linguaxe Hedy, que ademais é software libre liberado baixo a licenza EUPL.

Aínda que Hedy pode ser empregado por calquera persoa que quixera comezar a aprender a programar, o foco principal está posto nos nenos que sexan capaces de ler ou entender palabras básicas do inglés, xa que as instrucións da linguaxe son palabras en inglés como “ask”, “print”, “is”, “if”, “repeat”…

O código fonte do proxecto está dispoñible para todo o mundo no repositorio oficial en Github.

Tamén está dispoñible unha aplicación para aprender a programar na que se usa a linguaxe Hedy nesta ligazón.

Asi mesmo, Felienne tamén redactou unha publicación científica sobre Hedy que está dispoñible na web da ACM.

Pin It on Pinterest

Share This