A Fundación Handshake doou 72.000$ á Comunidade KDE.

En 2018, a Fundación Handshake xa fixera unha doazón de 300.000 euros.

Estes cartos serviron para mellorar diversos equipos de traballo de KDE e financiar eventos e encontros entre desenvolvedores.

Na nota oficial da Fundación Handshake, Andrew Lee dixo:
“Handshake Naming System é fillo da Comunidade de Código Aberto […] e do mesmo xeito que Handshake, KDE defendeu a privacidade e a liberdade desde o principio e achandou o camiño para crear ferramentas utilizables polas masas.”


“Persoalmente, utilicei o software de KDE desde principios da década de 2000, e vino crecer e prosperar. Creo que moita xente hoxe en día sorprenderíase ao escoitar que Apple Safari, por exemplo, baseouse orixinalmente en Konqueror, unha navegador web creado pola Comunidade KDE. O Handshake Naming System se enorgullece de poder facer unha doazón ao equipo de KDE. É a nosa maneira de mostrar o noso aprecio por KDE, xa que gran parte do desenvolvemento no mundo do Código Aberto non sería posible sen el”.

E a Comunidade de KDE comentou:


“KDE desexa agradecer á Fundación Handshake pola súa continua xenerosidade e o apoio que ofrece ás comunidades de FLOSS en todo o espectro. Esta contribución axudará a KDE a continuar co seu compromiso de crear Software Libre para todos, financiar eventos e patrocinar aos membros da comunidade.”

Máis información na web de KDE

Pin It on Pinterest

Share This