Son moitas as solucións e produtos actuais que buscan facernos a vida máis fácil na nosa casa conectando todo a Internet. As luces, a aspiradora, a lavadora, a neveira e ata o cepillo de dentes, agora todo está conectado máis que nunca.

O problema? Que acabamos con decenas de servizos e aplicacións de fabricantes diferentes. Ademais se nalgún momento algún fabricante decide deixar de dar soporte ao seu produto… a nosa Smart Home acaba sendo unha Dumb Home en toda regra.

Hackatón de domótica e IoT

Neste hackatón aprenderemos como unificar e configurar todos os nosos dispositivos con Home Assistant, desde a instalación e configuración básica ata integracións e configuracións máis complexas para facer que a nosa casa pense por nós. Desde sensores xa feitos ata algúns un pouco caseiros con ESP-01, Arduinos, e sensores de todo tipo (humidade, presión, temperatura, presenza…). Tamén reprogramaremos produtos comerciais para melloralos como os Sonoff.

Javier Vila é enxeñeiro full-stack en Santander UK pero tamén é maker no seu tempo libre. Desta afección de argallar e trastear nace faiLab, proxecto que pretende achegar estes mundos tecnolóxicos aos máis pequenos da casa, sen esquecer a creatividade e a arte. E nesa mesma liña xorde este hackatón.

Inscrición

O hackatón é unha actividade gratuita, pero é obligatorio rexistrarse no seguinte formulario. Actividade patrocinada pola Xunta de Galicia.

Para calquera consulta non dubidedes de poñervos en contacto en amigus@amigus.org

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This