O Hackatón de Domótica e IOT con software e hardware libre terá lugar no local da Industriosa, durante o sábado 9 de outubro estarán fedellando con tecnoloxías relacionadas coa domótica. O material o facilita A Industriosa, pero podes levar material propio e botarante unha man para que o poidas conectar na túa casa.

Hackatón de Domótica e IoT libre

Son moitas as solucións e produtos actuais que buscan facernos a vida máis fácil na nosa casa conectando todo a Internet. As luces, a aspiradora, a lavadora, a neveira e ata o cepillo de dentes, agora todo está conectado máis que nunca.

O problema? Que acabamos con decenas de servizos e aplicacións de fabricantes diferentes. Ademais se nalgún momento algún fabricante decide deixar de dar soporte ao seu produto… a nosa Smart Home acaba sendo unha Dumb Home en toda regra.

Entón… que faremos?

Aprenderemos como unificar e configurar todos os nosos dispositivos con Home Assistant, desde a instalación e configuración básica a integracións e configuracións máis complexas para facer que a nosa casa pense por nós. Desde sensores xa feitos ata algúns un pouco caseiros con ESP-01, Arduinos, e sensores de todo tipo (humidade, presión, temperatura, presenza…). Tamén reprogramaremos produtos comerciais para melloralos como os Sonoff.

Inscrición

Para poder asistir, é necesario rexistrarse no Meetup da Industriosa.

Evento patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This