Hackatiño de datos abertos

Mércores, 5 Outubro 2016

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) da Facultade de Informática da Universidade da Coruña retoma as actividades para a difusión e a promoción do software, hardware e a cultura libre en xeral.

Este ano colaboran con Árticos do GDG Coruña e dentro do programa Coruña Dixital centrándonse no Open Data a través do Hackatiño de Datos Abertos que terá lugar os próximos días 22 e 23 de Outubro no espazo Normal da Universidade da Coruña.

O Hackathiño é un hackathon, pero máis da terra e que nesta edición vaise centrar en pequenos colectivos, asociacións, pemes, etc co obxectivo de animalos a liberar os seus datos e mostrarlles as cousas superinteresantes que se poden chegar a facer apostando polos datos abertos.

Desenvolvedores e colectivos propoñerán proxectos e traballarán en equipo durante unha fin de semana co fin de presentar o domingo pola tarde un pequeno prototipo funcional baseado en datos abertos.

A entrada é totalmente de balde e por suposto terase algún premio para os mellores proxectos e comida para tódolos asistentes que gozarán dun ambiente de innovación e no que pasar unha fin de semana aprendendo, facendo networking e por suposto, pasándoo moi ben.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal