Hackathon NexGov con Nextcloud, do 25 de abril ao 10 de maio

Mércores, 30 Marzo 2022
Hackathon NexGov con Nextcloud, do 25 de abril ao 10 de maio

A CE convida aos hackers éticos ao Hackathon NexGov con Nextcloud, do 25 de abril ao 10 de maio de 2022.

O NextGov Hackathon con Nextcloud é un hackathon en liña organizado pola Oficina do Programa de Código Aberto da Comisión Europea xunto con Nexcloud. Baséase en anteriores hackathóns de software libre organizados pola Comisión Europea para permitir a rápida creación de solucións innovadoras.

A súa finalidade é traballar xuntos para mellorar Nextcloud nos servizos públicos.

Nextcloud é utilizado actualmente por moitos servizos públicos en Europa (universidades, gobernos, cidades, etc.) como alternativa ás solucións de Big Tech, mantendo os seus documentos e comunicacións seguros en Europa. A Oficina do Programa de Código Aberto da Comisión Europea está a organizar un hackathon para mellorar Nextcloud con características adicionais para que máis administracións públicas poidan incluír estas solucións como parte da súa viaxe de dixitalización.

Os gañadores ou equipos gañadores serán recompensados con premios en metálico de entre 5000 e 500 euros.

A Oficina do Programa de Código Aberto da Comisión Europea (OSPO da CE) creouse en 2020 como primeira acción concreta da última Estratexia de Software Libre para 2020-2023. Actúa como facilitador das actividades descritas na estratexia e no plan de acción guiado por seis principios: pensar en aberto, transformar, compartir, contribuír, asegurar, manter o control.

Na práctica, a Comisión pretende reforzar unha cultura de traballo interna que xa se basea en gran medida nos principios do software libre e alcanzar os obxectivos da estratexia mediante as seguintes accións concretas:
– Establecer e promover o código interno por defecto;
– Mellorar o repositorio de software;
– Revisar as prácticas de distribución de software;
– Permitir e crear innovación con laboratorios de software libre;
– Desenvolver habilidades e contratar expertos;
– Aumentar o alcance das comunidades;
– Integrar o software libre na gobernanza interna das TI;

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal