Hackathón de fabricación dixital de deseño e produción de circuítos electrónicos

Martes, 4 Outubro 2022
Hackathón de fabricación dixital de deseño e produción de circuítos electrónicos

O 12 de outubro terá lugar o “Hackathón de fabricación dixital de deseño e produción de circuítos electrónicos” organizado pola Industriosa no seu local (rúa Barcelona 13, Vigo).

Neste hackathón aprenderemos a deseñar as nosas PCB co software libre KiCad, partindo do esquema ao deseño do ciruito para compoñentes THD e SMD. Unha vez que temos o PCB deseñado, veremos como xerar os ficheiros para crear as nosas placas, os ficheiros Gerbers para enviar a fabricar, ou SVG para fabricar en local cunha CNC.

cartel

Usando o software libre Gimp xeraremos os PNG necesarios para fresalo na PCB, ou os negativos para facer a PCB con outros medios. O exercicio que faremos é unha pequena PCB para aloxar un microcontrolador ATtiny412 que acenda e apague un LED. Unha vez teñamos a PCB fresada, aprenderemos a soldar compoñentes SMD, usando as nosas PCB e os compoñentes que serán proporcionados a cada participante do Hackathon.

Unha vez soldada a placa e revisada que este todo correctamente pasaremos a programar o microcontrolador mediante Arduino. Ao final do día cada participante terá a habilidade de crear as súas propias PCB e programar os seus microcontroladores, un punto de partida para facer prototipos funcionais a baixo custo.

Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica

cartel

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal