Hackathón de deseño e produción de circuítos electrónicos

Mércores, 21 Setembro 2022
Hackathón de deseño e produción de circuítos electrónicos

O 1 de outubro, terá lugar en Amigus Labs (Praza do Hospital 14, As Pontes) o “Hackathón de deseño e produción de circuítos electrónicos”. Neste hackathón aprenderemos a deseñar as nosas PCB co software libre KiCad, partindo do esquema ao deseño do ciruito para compoñentes THD e SMD.

Unha vez que temos a PCB deseñado, veremos como xerar os ficheiros para crear as nosas placas, os ficheiros Gerbers para enviar a fabricar, ou SVG para fabricar en local cunha CNC. Usando Gimp xeraremos os PNG necesarios para fresalo na PCB, ou os negativos para facer a PCB con outros medios.

cartel

O exercicio que faremos é unha pequena PCB para aloxar un microcontrolador ATtiny412 que acenda e apague un LED. Unha vez teñamos a PCB fresada, aprenderemos a soldar compoñentes SMD, usando as nosas PCB e os compoñentes que serán proporcionados a cada participante do Hackathon.

Ao final do día cada participante terá a habilidade de crear as súas propias PCB e programar os seus microcontroladores, un punto de partida para facer prototipos funcionais a baixo custo.

Evento patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica. O hackathón é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

Máis información e recursos en GitHub:
https://github.com/AmigusLabs/Hackathon-Fabricacion-Digital-Electronica

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal