Hoxe en día dispoñemos cada vez de máis fontes de datos ao noso alcance.

Os potenciais usuarios deses datos teñen que facer fronte moitas veces a múltiples barreiras que dificultan o seu acceso e o seu uso: metadatos escasamente descritivos e estandarizados, elección de licenza, a elección do formato, o uso inadecuado dos formatos ou deficiencias nos propios datos.

Estes problemas potenciais poden ser atallados dado que, en boa medida, observouse que son debidos a que o publicador descoñece como expresar os datos de forma correcta no formato elixido.

Por todo iso, e co obxectivo de contribuír á mellora da calidade dos datos abertos, en datos.gob.es decidiron crear unha colección de guías dirixidas a orientar aos publicadores no uso adecuado dos formatos e os medios de acceso a datos abertos máis utilizados no ámbito dos datos abertos.

A colección de guías iníciase poñendo o foco no formato CSV

A elección deste formato baséase na súa popularidade no ámbito dos datos abertos, na súa sinxeleza e no lixeiro que resulta á hora de expresar datos en forma de táboa. É o formato máis común nos catálogos de datos abertos; concretamente, en datos.gob.es representa o 20% das distribucións convivindo con outros formatos como XLS ou XLSX que poderían expresarse tamén como CSV.

Ademais, é un formato que podemos denominar híbrido porque combina a facilidade do seu procesamento automatizado coa posibilidade de ser explorado directamente por persoas cun simple editor de texto.

Esta guía comprende as características básicas deste tipo de formato e un compendio de pautas para publicar correctamente en datos tabulares, especialmente en CSV.

Máis información nesta web

Pin It on Pinterest

Share This