Guía de regreso á escola con software libre para profesores

Martes, 4 Agosto 2020

Se es profesor e queres aprender a incorporar os principios do software libre na aula, interésache ler este artigo.

A autora do artigo, Lauren Pritchett, conta por que o software libre é o complemento perfecto para a educación pública, fai un repaso polos principios do software libre e como poden aplicarse á educación.

Lauren Pritchett enumera cinco principios crave e como transmitilos á escola: transparencia, colaboración, comunidade, meritocracia e liberación temperá e frecuente.

Tecnoloxía de software libre para a aula

Stu Keroff, educador e defensor de GNU/Linux comenta cales serían os seus consello para os profesores que buscan involucrarse máis con estas tecnoloxías:
“O meu consello para un profesor que queira probar o software libre na educación é que poña uns cantos ordenadores que executen todo o software libre na súa aula para que os seus alumnos poidan velo e probalo por si mesmos. Déixeos que experimenten o que é igual e o que é diferente do que están afeitos. Deixe que se involucren na administración das máquinas. E non teñan medo de cometer erros. Se amolas un dos teus computadores con software libre, colle o pendrive e faino de novo. Como os sistemas operativos de código aberto como GNU/Linux funcionan ben en computadoras vellas, non necesitas conseguir máquinas novas, e probablemente mesmo poderás conseguir algunhas gratis se miras ao redor”.

Cristián Fontana, colaborador de Opensource.com, tamén comenta:
“Cando empecei co software libre, tiña dous amigos que me motivaban. Axudáronme coa instalación e o inicio de GNU/Linux e as súas aplicacións. Nese momento non sentín realmente a necesidade: Estaba feliz co software que estaba a usar. Nin sequera era consciente do que significaba o código aberto. Levoume uns anos facer a transición a unha configuración completamente de software libre. O que aprendín desta experiencia é que para empezar co software libre, necesitas unha boa motivación e algo de apoio.”

“A motivación é probablemente o tema máis complexo. Que che empuxa cara ao software libre? Podería ser unha posición ideolóxica. Tal vez unha razón económica, porque estás obrigado a usar hardware antigo ou non queres gastar demasiado en software. Débese aos teus amigos? Para min, converteuse en ideolóxico cando profundei na miña conciencia do que é realmente o software libre. Nese momento, estaba listo para unha transición completa. Se é só curiosidade, podes empezar aos poucos. As principais aplicacións de software libre son agora multiplataforma. Empeza cunha delas, instalándoa no teu sistema operativo actual. Logo instala as outras en progresión.”

“Doutra banda, o soporte podería ser moito máis fácil de atopar. Se non hai amigos ao teu ao redor que che axuden, busca na internet ou en comunidades locais de entusiastas. Hai festas de instalación que poden axudarche a instalar GNU/Linux, por exemplo…”.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal