Do 23 ao 28 de agosto terá lugar a GUADEC 2019 en Tesalónica, Grecia.
A GUADEC (GNOME User and Developer European Conference) é unha conferencia europea anual, centrada no desenvolvemento e promoción da contorna de escritorio GNOME que pon en contacto a entusiastas e profesionais do Software Libre de todo o mundo a través de charlas, demostracións, discusións, festas, xogos e outras actividades.

Busca dar a coñecer os últimos avances técnicos, a oportunidade de aprender novas habilidades e ferramentas, asistir a charlas de expertos e participar en talleres e debates.

Comunidade GNOME

Ademais de todo isto, os asistentes terán a oportunidade de participar no proxecto GNOME, coñecer a membros da comunidade, así como conectarse con grupos e organizacións locais.

Calendario de actividades

Durante os sete días que dura o evento, están programadas unha chea de charlas, demostracións, discusións, festas, xogos e outras actividades diferentes que podedes atopar neste apartado da web da GUADEC.

Código de conducta

A organización desexa que todos os asistentes ao evento teñan unha experiencia agradable e satisfactoria, por conseguinte, esperan que todos os asistentes se mostren respectuosos, comprensivos e considerados entre eles.
Isto inclúe traballar para crear un ambiente positivo e acolledor.

Todos os asistentes, oradores, expositores, organizadores e voluntarios están obrigados a seguir este Código de Conduta.

Política para as fotografías

Estes eventos son unha oportunidade importante para que GNOME obteña imaxes para propósitos de mercadotecnia e recadación de fondos, e por tanto a xente pode estar a tomar fotografías a petición de GNOME. Tamén pode haber fotógrafos de prensa presentes.

Por todo isto, disporase de insignias en tres cores para os asistentes:

AZUL – Estás de acordo con que che tomen a foto
MORADO – Vostede non está de acordo con que se lle tome unha foto.
GRIS – Por favor, pregunte antes de tomar calquera foto

Outras directrices:
Por favor, solicite permiso dos pais ou titores antes de tomar fotos de menores.
Se alguén che pide que non lle tomes fotos, non o fagas. Se alguén lle pide que borre unha foto que vostede lle tomou, fágao amablemente.

Rexistro

Estas son as diferentes modalidades de rexistro habilitadas e os seus prezos:
– Rexistro de estudantes: 15.00€
– Rexistro Xeral: 35.00€
– Rexistro Profesional: 150.00€
– Rexistro Corporativo: 250.00€

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This