O luns 9 de marzo de 18:00 a 20:00, terá lugar na aula 3.3 da Facultade de Informática de A Coruña, a charla “LaTeX: de cero a \infinity” dentro das actividades de GPUL School.

LaTeX

LaTeX é un sistema de edición de documentos de alta calidade orientado ao mundo técnico e cientíico, onde é o standard de facto.

Os documentos en LaTeX non se “editan”, senón que se “especifican”, dun xeito moito máis parecido a como programamos en HTML ou Markdown que a como traballamos en suites de oficina tipo LibreOffice.

Nesta sesión, aprenderemos todo o que precisamos saber para ir até o infinito e máis aló no mundo de LaTeX.

GPUL

GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) é unha asociación universitaria que busca difundir o Software Libre e a Cultura libre en Xeral.

GPUL School é unha iniciativa que pretende achegar a membros da comunidade universitaria, ou a calquera interesado da sociedade, ás tecnoloxías libres sen necesidade de coñecementos previos.

Inscrición á charla

A charla é de libre acceso e gratuíta pero é necesaria a inscrición previa a través da páxina do meetup do evento.

Máis información no meetup do evento

Pin It on Pinterest

Share This