O martes 19 de outubro, en horario de 18.30 a 20.00 no Lab 0.3w da Facultade de Informática, terá lugar un obradoiro de “Introdución ao control de versións con Git”, organizado dentro das actividades de GPUL School.

GIT
Se traballas só ou en equipo, desenvolvendo código, escribindo documentación, artellando configuracións ou facendo páxinas webs: levar un axeitado control de versións é unha práctica imprescindible.

Git é un versátil e potente sistema de control de versións que se axeita a case calquera fluxo de traballo e necesidade. Neste obradoiro ensinarán o seu uso máis básico.
