O martes 3 de decembro de 18:30 a 20:00, terá lugar na aula 3.3 da Facultade de Informática de A Coruña, unha nova charla sobre “Internet das Cousas e Raspberry Pi” dentro das actividades de GPUL School.

Internet das cousas e Raspberry Pi

Nesta charla, a xente de GPUL explicará os puntos crave de como configurar o microordenador Raspberry Pi e como conectarlle e usar diversos sensores (por exemplo, un sensor de presenza).

Tanto para domótica ou como centro multimedia, a Raspberry Pi é un dos microordenadores máis coñecidos e usados. Permite facer todo tipo de proxectos de maneira rápida.

Se xa dispós dunha Raspberry Pi ou calquera material que queiras usar, podes levalo a este evento.

GPUL

GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) é unha asociación universitaria que busca difundir o Software Libre e a Cultura libre en Xeral.

GPUL School é unha iniciativa que pretende achegar a membros da comunidade universitaria, ou a calquera interesado da sociedade, ás tecnoloxías libres sen necesidade de coñecementos previos.

Inscrición á charla

A charla é de libre acceso e gratuíta pero é necesaria a inscrición previa a través desta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This