GPUL School – Entornos virtuais en Python

Martes, 26 Outubro 2021
GPUL School – Entornos virtuais en Python

O martes 2 de novembro, en horario de 18.30 a 20.00, GPUL School organiza o obradoiro “Entornos virtuais en Python: Mantén os teus paquetes organizados” no Lab 0.3w da Facultade de Informática de A Coruña.

Python

Cada proxecto desenvolvido en Python pode ter unha serie de paquetes (numpy, matplotlib, opencv …) ou versións específicas destes paquetes.

Nesta charla aprenderemos a crear entornos virtuais de Python para manter estes paquetes organizados e evitar incompatibilidades, ademais de encher o noso sistema de paquetes que só necesitamos nun proxecto.

Usando un sistema sinxelo integrado en Python, crearemos os nosos entornos virtuais, coas dependencias necesarias e as súas versións compatibles e faremos máis doado o desenvolver e probar as nosas aplicacións, tanto nas nosas máquinas como nas dos nosos compañeiros.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal