O 5 de novembro de 18:30 a 20:00, terá lugar na aula 3.3 da Facultade de Informática de A Coruña, unha charla sobre “Como facer a túa primeira aplicación Android en Java” dentro das actividades de GPUL School.

Como facer a túa primeira aplicación Android en Java

Nesta charla, a xente de GPUL explicará os pasos necesarios para iniciarse na creación dunha aplicación Android desde 0.

Veranse as ferramentas necesarias e os conceptos esenciais a través dun exemplo práctico.

GPUL


GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) é unha asociación universitaria que busca difundir o Software Libre e a Cultura libre en Xeral.

GPUL School é unha iniciativa que pretende achegar a membros da comunidade universitaria, ou a calquera interesado da sociedade, ás tecnoloxías libres sen necesidade de coñecementos previos.

GPUL School ten varias sesións programadas para o futuro cercano:

– Sistema de maquetación de textos profesionais e científicos LaTeX
– A privacidade en Internet
– IoT (Internet of Things) e Raspberry Pi

Inscrición á charla

A charla é de libre acceso e gratuíta pero é necesaria a inscrición previa a través desta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This