GPUL organiza unha nova charla "Como liberar o teu traballo cunha Licenza Libre"

Martes, 5 Maio 2015

Cartel da xornadaDende GPUL informan dun novo relatorio dentro do seu ciclo Xoves Libres. Unha nova edición do relatorio Como liberar o teu traballo cunha Licenza Libre.

O relatorio celebrarase mañá mércores 6 de maio, a partir das 18:00 horas, no laboratorio 0.1W da Facultade de Informática da UDC.

Nesta ocasión, os encargados de achegar a súa experiencia serán Rafael Rodríguez Gaioso, presidente da asociación Melisa e Vreixo González desenvolvedor do proxecto OpenTripPlanner for Android, gañador do Premio ao mellor proxecto de fin de carreira con licenza libre do ano 2014.
Como sempre, esta actividade é de carácter gratuíto, e está aberta á participación do público en xeral, estando especialmente indicada para os estudantes de carreiras técnicas que estean desenvolvendo os seus proxectos de fin de grao ou outros traballos técnicos nos seus estudos.

Rafael Rodríguez Gaioso é membro fundador de MeLiSA, a asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide, e voluntario dixital, coordinador da iniciativa Tecnoloxía e software libre en centros penitenciarios galegos” que nos seus dous anos de vida achegou formación en tecnoloxías libres a un total de 83 internos dos cinco centros penitenciarios galegos, e os dous CIS, da Coruña e de Vigo. Rafael fará unha introdución dalgunha das licenzas máis usadas para liberar código, e cales son os motivos polos que un programador decide publicar o seu traballo cunha licenza libre.

Vreixo González contará aos asistentes o caso práctico do desenvolvemento de OpenTripPlanner for Android como un proxecto de software libre. OpenTripPlanner for Android e’un aplicativo de cálculo de rutas en transporte público con software libre que consistiu no desenvolvemento dun aplicativo para o sistema operativo Android, que ofrece cálculo multimodal de rutas en distintos medios de transporte publico, a pé e en bicicleta co obxectivo de servir de ferramenta de busca das mellores rutas. Fai uso da infraestrutura libre OpenTripPlanner (OTP).

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal