O xoves 13 de febreiro, en horario de 19.00 a 21.00, GPUL organiza no Lab 0.5w da Facultade de Informática un taller de “Introdución a Android”, sobre como facer unha aplicación básica en Android desde 0.

Android Studio

Android Studio é a contorna de código aberto para o desenvolvemento integrado oficial da plataforma Android. Substituíu a Eclipse como o IDE oficial para o desenvolvemento de aplicacións para Android.

Está baseado no software IntelliJ IDEA de JetBrains e foi publicado coa Licenza Apache 2.0. Dispoñible para as plataformas Microsoft Windows, macOS e GNU/Linux.

Android Studio admite outras linguaxes de programación, como Java e C++.

Programa

No taller, desenvolverase sobre a marcha unha aplicación co xogo de Pedra Papel ou Tesoiras como exemplo.

Recomendan ter coñecementos básicos sobre java, POO e eventos. A maiores, aqueles que dispoñan dun teléfono con Android e un cable USB poderán traelo para probar a súa propia app no seu móbil.

En canto ao software, deben traer instalada calquera versión de Android Studio xunto coa súa SDK.

Organiza

GPUL, asociación que promove e fomenta o Software Libre na Coruña desde 1998.

Nesta asociación aprenderás e participarás en proxectos de software libre coas máis modernas tecnoloxías.

Inscrición

A actividade é libre e gratuíta pero cun número máximo de asistentes. Podes anotarte a través desta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This