O mércores 23 de outubro, en horario de 19.00 a 20.30, GPUL organiza no Lab 0.5w da Facultade de Informática de A Coruña unha charla sobre “React moderno”, na que se verán as novidades de React desde a versión 16.3.

React

React (tamén chamado React.js ou ReactJS) é unha biblioteca Javascript de código aberto deseñada para crear interfaces de usuario co obxectivo de facilitar o desenvolvemento de aplicacións nunha soa páxina. É mantido por Facebook e a comunidade de software libre.

React tenta axudar aos desenvolvedores a construír aplicacións que usan datos que cambian todo o tempo. O seu obxectivo é ser sinxelo, declarativo e fácil de combinar.

Programa

Na charla falarase das novidades de React (como os Hooks que permiten reutilizar lóxica e reducir o tamaño e complexidade dos compoñentes).

E tamén repasaranse os cambios e deprecacións da librería e os maiores obstáculos durante as migracións.

Organiza


GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux), asociación que promove e fomenta o Software Libre na Coruña desde 1998.

Nesta asociación aprenderás e participarás en proxectos de software libre coas máis modernas tecnoloxías.

Defínense a si mesmos como:
“xente de meterse sempre en fregados, dende pequenas charlas e hackathons ata grandes conferencias internacionais con todo tipo de asociacións de software libre”.

Inscrición

A actividade é libre e gratuíta pero cun número máximo de asistentes. Podes anotarte a través desta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This