GPUL labs, o novo proxecto de GPUL

Mércores, 18 Novembro 2015

Cartel de GPUL labsGPUL vén de anunciar a súa nova iniciativa para, segundo as súas palabras, “recuperar o P de Programadores do nome da asociación e tratar de volver a xerar ese sentimento de comunidade dentro do software libre da cidade da Coruña”.

GPUL, como é coñecido, conta unha longa traxectoria na organización de distinto tipo de actividades de difusión e fomento do software libre, dende pequenas xornadas dirixidas aos novos estudantes da FIC, install parties, ata a organización de grandes eventos de carácter internacional como a GUADEC ou a AKADEMY, entre moitas outras. Mais este ano querían innovar no xeito de organizar e planificar as súas actividades, e así é como nace GPUL Labs.

GPUL labs

A idea detrás de GPUL Labs, é aprender tecnoloxías e metodoloxías de desenvolvemento modernas en torno a un proxecto de desenvolvemento en aberto que comezarán dende o principio. Os fíos condutores deste proxecto serán IoT, desenvolvemento web e cloud.

Así os participantes aprenderán a utilizar unha Raspberry Pi e a programar diversos sensores nun proxecto baseado na IoT, totalmente open source. Aprenderán a desenvolver unha interfaz web para controlar o hardware e os seus elementos, coas máis modernas tecnoloxías e metodoloxías áxiles de desenvolvemento. E finalmente aprenderán a incluír integración continua, a realizar análise de código ou code reviews nos seus proxectos de forma sinxela.

Planificación prevista

O proxecto dividirase en 4 fases. Nunha primeira fase, de iniciación, que comezará en Febreiro, iniciaranse na linguaxe como Python, nos conceptos básicos de control de versións GIT e no uso de Github. Na segunda fase, de planificación, nas primeiras semanas de marzo, planificarase e definiranse os obxectivos do proxecto así como as necesidades. Finalmente a terceira fase, de desenvolvemento e cuarta fase, de aprendizaxe, desenvolveranse en paralelo durante o período de Marzo a Maio. É o momento de entrar xa en faena propiamente, coa organización de hackatóns da man de titores de gran nivel de empresas y asociacións do sector, con ganas de apoiar o software libre. Paralelamente haberá diversas charlas orientadas a aprender diversas cuestións transversais ao proxecto como, metodoloxías áxiles de desenvolvemento, sistemas de integración continua para execución automática de tests, documentación con LaTeX, creación de APIs REST e outras cousas que vaian propoñendo todos os participantes.

Imaxe do chamamento á comunidadeAxuda!

Dende GPUL son conscientes de que este ambicioso obxectivo de recuperar esa relación entre a comunidade informática, que tanto se está a perder nos últimos anos, que poida servir de trampolín para difundir o software libre, non é posible acadalo sen a axuda de moita máis xente.

Así pois dende GPUL fan un chamamento á comunidade. Buscan xente que poida botar unha man puntualmente para a organización dunha charla ou obradoiro, xente que poida axudar a atopar persoas que poidan ser poñentes, ou xente con experiencia nalgún tema e dispoñible para ser ela mesma quen imparta o obradoiro ou relatorio. Por outra parte buscan tamén partner tecnolóxicos que queiran dar unha charla ou unirse a un hackaton.

Será sen dúbida unha experiencia interesante para contribuír á difusión do software libre, á formación ou descubrimento de novos talentos, ou mesmo para coñecer a novas fichaxes para a túa empresa ou atopar futuros socios para a túa start-up.

Toda a información sobre este interesante e ambicioso proxecto, está dispoñible na páxina labs.gpul.org. Dende alí ademais, poden apuntarse todas as persoas interesadas en colaborar.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal