Cartel do obradoiroGPUL e a Oficina de Software Libre do CIXUG, organizan dous novos obradoiros de instalación de GNU/Linux para estudantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña como veñen facendo por estas datas nos últimos anos, e que van dirixidos principalmente ao novo alumnado chegado á facultade.

O obxectivo do taller é a instalación e configuración do sistema operativo Ubuntu 14.04, que se atopa dispoñible nos laboratorios de prácticas da Facultade de Informática, así como aproveitar para dar a coñecer as características máis importante do Software Libre, do sistema operativo instalado, e resolver todas aquelas preguntas que os asistentes poidan ter sobre o tema.
Os obradoiros celebraranse no laboratorio 2.1a nos seguintes días e horarios:

  • A primeira edición será o 27 de setembro de 10:30-14:30
  • A segunda edición será o 28 de setembro de 15:30-19:30

Os obradoiros son de acceso totalmente gratuítos sendo preciso realizaras inscrición previa no formulario habilitado ao efecto, xa que o número de prazas é limitado polo aforo da aula (30 persoas).

Esta xornada forma parte das actividades que GPUL e a OSL organizan no marco dos respectivos convenios de colaboración asinados coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluída no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This