A Asociación Universitaria GPUL (Grupos de Programadores e Usuarios de Linux) comeza a organizar unha iniciativa chamada GPUL School mediante a cal quere achegar á sociedade as tecnoloxías libres co foco posto tanto na comunidade universitaria novel coma nas persoas que pretendan iniciarse no mundo libre dende cero.

Esta iniciativa nace para cubrir a demanda existente fundamentalmente por parte de estudantes de informática de formación en tecnoloxías libres concretas sen necesidade de coñecementos previos, por iso esta iniciativa pese a centrarse na comunidade universitaria tamén se abre para todas a persoas con ganas de aprender.

GPUL School ten xa varias sesións programadas sobre diversas tecnoloxías como a impresión 3D, aplicacións Android con Java, o sistema de maquetación de textos profesionais e científicos LaTeX, a privacidade en Internet e a Raspberry Pi e o IoT (Internet of Things).

GPUL School Impresion3d

Impresión 3D para dummies

A primeira sesión, sobre a impresión 3D, terá lugar na Facultade de Informática da Coruña o martes 22 de outubro ás 18:30, na que Javier Vila de Marine Instruments introducirá aos asistentes nas tecnoloxías de impresión e modelado 3D. A este evento pode rexistrarse calquera persoa a través do meetup do mesmo.

Pin It on Pinterest

Share This