GPUL chama á participación nas súas VIII Xornadas sobre SwL

Luns, 17 Marzo 2008
GpulVemos na web do GPUL que veñen de facer un chamamento para participar como relatores nas súas VIII Xornadas sobre Software Libre previstas para a semana do 14 ao 18 de abril de 2008.
 
Segundo contan eles mesmos, “estas tradicionais xornadas son o principal vehículo da asociación para o intercambio de coñecementos e ideas entre os socios, alumnos da facultade de informática e calquera interesado en participar no evento, ben organizando ou axudando nalgunha das actividades ou simplemente asistindo ás mesmas.”

Todo aquel que estea interesado en colaborar con esta asociación impartindo algún relatorio, obradoiro… nas súas xornadas pode enviarlles un correo a info@gpul.org indicando o título da proposta, un breve resumo, ademais doutra información adicional que precisan para a organización do programa das Xornadas.
 
A data límite para a aceptación de propostas é o mércores 26 de marzo de 2008.
 
Mais información: Chamamento na web de GPUL 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal