GPUL anuncia os seu Labs de Introdución a Git e GitLab

Mércores, 22 Marzo 2017

GPUL ofrecerá este vindeiro Xoves un seminario de introdución a traballo colaborativo con Git e máis Gitlab. O seminario, será impartido por Fran Rúa quen falará da importancia de utilizar sistemas de control de versións e introduciranos nos comandos básicos para traballar en equipos a través dun repositorio remoto.

Fran fará unha breve introdución aos problemas derivados do desenvolvemento software para mostrar a importancia de empregar un sistema de control de versións.

Durante o lab realizarase a instalación e configuración dun sistema de control de versións Git e mostraranse os comandos necesarios para traballar cun repositorio remoto.

A charla será eminentemente práctica e centrarase en explicar como realizar proxectos de xeito colaborativo con Git e GitLab polo que é recomendable que os asistentes teñan xa unha conta creada en https://gitlab.com/

O rexistro para o lab de Introdución a Git e Gitlab está limitado en plazas. A inscripción podese facer a través de Meetup.

GPUL tamén lembra que te hai a opción de facerse premium e axudar neste tipo de obradoiros, ter sitio reservado en tódolos Meetups dos GPUL Labs e obter un pequeno agasallo como recoñecemento.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal