Godot 4 foi publicada oficialmente como a nova versión deste motor de videoxogos de software libre. Conta cun motor totalmente reescrito.
Novidades: gran cantidade de cambios e novidades no apartado de renderización, nas ferramentas para 2D, nos efectos e nos shaders, na programación con GDScript e con C#, na interface de usuario e no soporte de plataformas.
Introdución de dous backends de Vulkan, Clustered e Mobile. A compatibilidade con OpenGL segue presente. O editor de niveis 2D de Godot 4 é máis flexible para organizar e colocar mosaicos ou proporcionar metadatos e animacións. Pode axustar as colisións, a navegación e os puntos de pivote. Néboa volumétrica e outros efectos atmosféricos cos que os usuarios poderá crear ceos dinámicos que se actualizan en tempo real, incluíndo os reflexos. Melloráronse as físicas cunha nova API.
Posibilidade de abrir varias xanelas por cada aplicación en execución. O editor recibiu moitas melloras para simplificar o fluxo de traballo e introducíronse novos sistemas de renderización de texto. As animacións 3D foron renovadas en profundidade para permitir a compresión e polo tanto a redución do uso da memoria. Plataformas agora soportadas: Android e os navegadores web sumáronse a GNU/Linux, Windows e macOS como plataformas soportadas e ampliáronse as posibilidades de exportación para abarcar máis arquitecturas e plataformas como Raspberry Pi, Microsoft Volterra, Surface Pro X, PinePhone, VisionFive, Chromebooks baseados en ARM e Asahi Linux.