Publicouse Godot 3.5, motor de videoxogos de software libre moi usado en proxectos indies.

Novidades: revisión completa do sistema de navegación, foron corrixidas algunhas físicas.

SceneTreeTween, para traballar as animacións. O nodo Label3D permite agora mostrar texto en escenas tridimensionais. Novos contedores de fluxo (HFlowContainer e VFlowContainer) para organizar os nodos de control secundarios vertical ou horizontalmente.

Compilación e cacheo asíncrono dos shaders co propósito de reducir o stuttering en OpenGL. Nova propiedade de superposición de material (material_overlay), entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This