GNU Octave conta con unha nova versión maior

Luns, 25 Abril 2022
GNU Octave conta con unha nova versión maior
  • O proxecto GNU Octave ven de anunciar a súa versión 7.1.0, a primeira versión da rama 7

Algunhas novidades destacadas desta última versión son a implementación de funcións para traballar coa notación JSON, a posibilidade de uso das funcións en forma de comando ou en forma de función asignando o valor a unha variable, a posibilidade de definición de cores en hexadecimal e na interface gráfica cóntase con suxestións emerxentes ao pasar polo rato por riba das variables durante o modo de depuración. Ademais de solucionar erros e continuar mellorando a compatibilidade con Matlab.

Poden verse todas as novidades nas notas da versión.

GNU Octave

O proxecto GNU Octave é un proxecto de software libre (liberado baixo a licenza GPL) mediante o que se describe e implementa unha linguaxe de alto nivel dirixido principalmente a cálculos e computación numérica. O software de Octave pode descargarse para BSD, GNU/Linux, macOS e Microsoft Windows.

Octave proporciona una interface de liña de comandos mediante a cal se pode resolver de forma numérica problemas lineares e non lineares así como realizar experimentos numéricos. Tamén se poden utilizar ferramentas diversas que permiten resolver problemas de álxebra lineal, atopar raíces de ecuación non lineares, integrar funcións ordinarias, manipular polinomios…

O software é facilmente extensible mediante paquetes e personalizable podendo implementar funcións na propia linguaxe de Octave, que é maioritariamente compatible con Matlab, ou utilizando módulos escritas en outras linguaxes como poden ser C/C++ ou Fortran.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal