As comunidades de GNOME e KDE, organizan de forma conxunta a Linux App Summit 2019 (pensada para crear aplicacións dirixidas a escritorios Linux) e están buscando localizacións para o evento que terá lugar entre setembro e decembro deste ano.
Se está interesado en albergar o evento, podes enviar un correo electrónico a appsummit@lists.freedesktop.org antes do 15 de maio coa túa proposta. Máis información: http://linuxappsummit.org/cfl/

Pin It on Pinterest

Share This