GNOME amplía o seu alcance de desenvolvemento con Circle, a través de aplicacións e bibliotecas que se unen ao ecosistema de GNOME.

Circle

Circle axuda ao software que está dispoñible para a plataforma GNOME, apoiando aos desenvolvedores independentes que están a usar as tecnoloxías de GNOME.

Os desenvolvedores que estean a usar a plataforma de GNOME poden solicitar que os seus proxectos sexan incluídos en Circle. Cando o seu proxecto é aprobado, conseguen os seguintes beneficios:
– Promoción e publicidade
– Poden ser membros da Fundación GNOME
– Inclusión opcional no grupo de Circle de Gitlab

Circle ten como obxectivo reducir as barreiras e construír relacións cos desenvolvedores que están a facer grandes cousas coa plataforma de GNOME.

Para converterse en membros, os proxectos deben ser simplemente software libre e usar a plataforma Gnome.

Máis información na nota oficial

Pin It on Pinterest

Share This