Os desenvolvedores de GNOME publicaron unha folla de ruta con algunhas novidades importantes da versión 40 do escritorio. Esta nova versión está previsto que vexa a luz en marzo do vindeiro ano e será unha versión maior xa que presentará varias características novas ademais do cambio na numeración das versións. Nos plans de mellora presentados, destácanse o novo deseño do compoñente principal do escritorio, o GNOME Shell, e que presenta cambios como a mellora xeral na organización espacial, a mellora de navegación usando o panel táctil… Varios destes novos deseños poden verse neste repositorio.

Pin It on Pinterest

Share This