GNOME 3.38 (Orbis), nova versión dunha das contornas de escritorio de GNU/Linux máis usadas.
GNOME 3.38

Dentro das novidades destaca a substitución no lanzador de aplicacións das vistas por unha única vista personalizable que permite ordenar e reorganizar en cartafoles personalizados as iconas.
Outras novidades:
– Redeseñada a axuda inicial.
– A nova versión da contorna de escritorio inclúe na configuración Controis Parentais (podendo filtrar as aplicacións instaladas para evitar a súa execución por outros usuarios)
– Incorpora nova interface de alta de impresións dixitais
– Protección contra dispositivos USB non autorizados cando a pantalla está bloqueada

– Opción para mostrar un indicador da porcentaxe da batería no menú do sistema
– Soporte para varios monitores mellorado (pódense usar pantallas que traballan a diferentes taxas de refresco)
– A aplicación de Mapas agora é adaptativa para diferentes tamaños de pantallas
– Redeseño das aplicacións de Gravadora de sons e Capturar Pantalla
– Inclusión en GNOME Web da prevención intelixente do rastrexo, a posibilidade de importar contrasinais e marcadores de Google Chrome e outras melloras a nivel de privacidade
Podes ver neste vídeo, un resumo das novas características:
Máis información na nota oficial de lanzamento
