Dispoñible GNOME 3.36, a contorna gráfica que usará Ubuntu 20.04 LTS Focal Fossa.

Nesta versión destacan as melloras no rendemento e os cambios de deseño.

Outras novidades:
Mellorada a compartición de pantalla en Wayland e a xestión de equipos con varias GPU, integración de Graphene en GNOME Shell e Mutter, melloras de Orca, correccións ao mostrar PDF’s.

GNOME Boxes conta cun novo asistente de máquinas virtuais e xestor de descargas.

Redeseño dos diálogos do sistema, mellorada a interface de usuario e modo Non Molestar, entre outros.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This